9 abr 2025

Mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa e obradoiro Elena Ferro (martes 8 de abril de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 3º da ESO visitou o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa. Ademais, no marco do proxecto interanual de oficios tradicionais, acudiron en Vila de Cruces ao taller de Elena Ferro, zoqueira artesanal galega.

Inspección río Lérez (mércores 2 de abril de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 1º da ESO acudiu á área recreativa do Cotelo para realizar a inspección de primavera do río Lérez ao seu paso por Forcarei. Estudamos diversos parámetros biolóxicos e físico-químicos para determinar a saúde do río.



Visita á comarca do Rosal (martes 25 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

No marco do proxecto interanual de oficios tradicionais, o alumnado de 1º e 2º da ESO visitou a comarca do Rosal para visitar o muíño das Aceñas e diferentes petroglifos.

Castelao na Terra de Montes (marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

A mostra "Castelao na Terra de Montes", que amosa a relación do escritor e político coa comarca, recalou este curso no noso centro. 



13 mar 2025

Intercambio co CPI Pecalama de Tordoia (mércores 12 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Visita do noso alumnado ao CPI Pecalama de Tordoia, que nos levaron de roteiro a visitar o dolmen de Cabaleiros e a Pedra Longa.





10 mar 2025

Charla Alfonso X (luns 10 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

A catedrática de filoloxía románica Elvira Fidalgo impartiu un relatorio ao noso alumnado sobre Alfonxo X o sabio, o rei de castela que escribiu en galego.




Entroido no Chano (venres 7 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Este ano no noso centro decidimos celebrar o Entroido á volta das vacacións. Concurso de disfraces, música, baile e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben!




AgresiON OFF: Conmemoración 8M día da muller (xoves 6 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Este ano, para conmemorar o día da muller, o noso centro, en colaboración co Concello de Forcarei, impartiu uns obradoiros para que, a partir de diferentes xogos, o noso alumnado reflexionase sobre diferentes aspectos entorno ao machismo e a igualdade de xénero.




Museos da Coruña (mércores 20 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Ciencia en galego. Visita aos museos científicos da Coruña: Domus Casa do Home, Acuario e Casa das ciencias e planetario.






25 feb 2025

Día de Rosalía (luns 24 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Celebración do día de Rosalía, este ano centrado nos poemas de Rosalía adicados aos oficios tradicionais: costureiras, gaiteiros, albeites, pedreiros, muiñeiros, carreteiros, ...